Quen son?
Son Manuel Mª Veiga e traballo principalmente en dúas áreas: dun lado, na tradución e revisión de textos e, do outro, na música e a composición.
Cheguei a ser tradutor e revisor de textos desta forma: estudei o Grao de Tradución na Universidade de Vigo (2013) e realicei o Mestrado en Tradución Multimedia (2014) na mesma institución. Desde entón, traballo como profesional autónomo, tanto con empresas de tradución como con clientes particulares. Os traballos que máis realizo teñen que ver coa tradución para dobraxe e voces superpostas, localización de software e sitios web, tradución de artigos de investigación e de textos xerais (manuais de instrucións, cartas, normas, contratos…).
Son agora músico e compositor grazas á formación que recibín, nun primeiro momento, na especialidade de Guitarra no Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Moi cedo comecei a interesarme pola composición musical, de xeito que continuei na especialidade de composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo (2016), e formeime con grandes compositores como Juan Eiras, Sánchez Verdú, Gökçe Altay, Toshio Hosokawa, Alberto Posadas ou Cristóbal Halffter. Actualmente, imparto clases na Escola de Música Municipal de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte e traballo, como profesional autónomo, en diferentes proxectos musicais, de composición, instrumentación, arranxo e transcrición. Ademais, formo parte do grupo de música folk Milesios.