
Auctoritas Patrum (2016)
Auctoritas Patrum é unha das obras que constituíron o Traballo de Fin de Estudos do autor. A obra ironiza sobre o feito de que, aínda que el se inscribiu nun «Grao en Composición», acabou obtendo un «título superior» e equipara o produto do seu Traballo (unha obra para orquestra) co de outras titulacións que, aos ollos da administración, si merecen a denominación de Grao: o artigo de investigación. A obra constrúese en función da estruturación habitual deste tipo de artigos, é dicir, en Introdución, Materiais e métodos, Resultados (neste caso dividida en tres análises: gramatical, lóxica e retórica) e Conclusión. Ademais, basea o discurso musical en citas de autores recoñecidos, en concreto cinco citas de grandes compositores: J. S. Bach, L. v. Beethoven, O. Messiaen, L. Nono e G. Grisey.