
Lvcvs: Antiquissima Civitas Gallaeciae (2017)
Lvcvs é unha obra para banda de música que supón a proxección musical da nosa coñecida historia e do impacto que tivo a chegada do Imperio Romano na zona en que se fundou a cidade de Lugo, que creceu ata converterse na capital da provincia de Gallaecia. Trátase dunha encomenda da Asociación Músico Crisanto para a Banda Sons e Soños, estreada no Auditorio de Galicia, no XI Certame Galego de Bandas de Música, onde a banda recibiu o premio á mellor interpretación de obra galega.
